ACT
No 2009 crease a Liga Euskotren co obxectivo de dar pulo ao remo feminino e criar unha competición de elite como xa se viña facendo na categoría masculina. A primeira edición contou con 8 xornadas nas que se competiu por seleccións territoriais, tendo como primeiras participantes a Catalunya, Bizkaia, Gipuzkoa e a campioa Galicia.
No 2011 os clubs de remo feminino comezan a coller o testemuño das seleccións e pásase a competir nun total de 10 xornadas, coa unión entre os clubs de Getaria - Tolosa como campioas. A traiñeira de Zumaia Salegi Jatetxea proclámase vencedora dous anos consecutivos (2012 e 2013), último club vencedor até que no 2014 comeza a hexemonía das 'batelerak'.
Logo de conseguiren un subcampionato nas dúas edicións desputadas previamente, no 2014 San Juan Iberdrola consegue a súa vitoria na Liga Euskotren, por diante de Hibaika Jamones Ancín. Daí en diante, ningún equipo consegue arrebatarlle a coroa de campioas ás 'batelerak' de San Juan Iberdrola. O equipo 'arroxa' revalida o seu título ano a ano até conseguiren o seu quinto trofeo Euskotren no 2018. Un 2018 moi especial para a Liga Euskotren, xa que celebraba a súa décima edición, e aumenta a 16 as xornadas desputadas polos clubs femininos durante a xornada estival.
No 2019, un novo equipo incorpórase ao palmarés das vencedoras. Orio Babyauto levou o primeiro Trofeo Euskotren da súa historia. As 'aguiluchas' repetiron título no 2020 como traiñeira máis rápida do Cantábrico.
Na tempada 2022, Orio Orialki voltaba vencer con claridade, con doce vitorias nas 14 xornadas desputadas na última tempada da Liga Euskotren con catro participantes. No ano seguinte, a Liga Euskotren estreaba un novo sistema de competición, con oito participantes. Ascenderon as dúas primeiras da Liga ET e da Liga Galega, canda as tres primeiras clasificadas da Liga Euskotren. Tolosaldea, tivo que competir no playoff para continuar a desputar ante as terceiras clasificadas de ambas competicións, e as guipuscoanas conseguiron a permanencia.
No plano deportivo, a ampliación da competición foi moi positiva, e a loita polas bandeiras estivo máis igualada que nunca, con catro traiñeiras a competiren até a derradeira pada. Donostia Arraun Lagunak, Orio Orialki e Nortindal Donostiarra Ur Kirolak gañaron 5, 4 e 4 vitorias respectivamente, pero Tolosaldea tamén estivo perto de ondear algunha bandeira. Finalmente, a competición caiu do lado de Donostia Arraun Lagunak grazas aos 95 puntos.
Vencedoras da Liga Euskoten
- 2009: Galicia
- 2010: Gipuzkoa e Galicia*
- 2011: Getaria - Tolosa
- 2012: Zumaia Salegi Jatetxea
- 2013: Zumaia Salegi Jatetxea
- 2014: San Juan Iberdrola
- 2015: San Juan Iberdrola
- 2016: San Juan Iberdrola
- 2017: San Juan Iberdrola
- 2018: San Juan Iberdrola
- 2019: Orio Babyauto
- 2020: Orio AE
- 2021: Donostia Arraun Lagunak
- 2022: Orio Orialki
- 2023: Donostia Arraun Lagunak
- 2024: Donostia Arraun Lagunak
-
El laudo emitido por el Árbitro de la ACT el 8 de noviembre del 2010, resuelve que la temporada 2010 de la competición Euskotren Liga tenga dos ganadoras ex aequo