Novas 2013
COMPETICION
05 Nov 2013
CONTROIS ANTIDOPAXE ACT 2013
Como ven acontecendo dende a súa creación, a ACT desenvolveu durante a tempada 2013 un plan antidopaxe no seo da súa competición, sometendo os participantes no evento a diversos controis antidopaxe para detectar calquera posíbel uso ou consumo de substancias e métodos prohibidos no deporte.
Como ven acontecendo dende a súa creación, a ACT desenvolveu durante a tempada 2013 un plan antidopaxe no seo da súa competición, sometendo os participantes no evento a diversos controis antidopaxe para detectar calquera posíbel uso ou consumo de substancias e métodos prohibidos no deporte.
Ao longo da tempada 2013 realizáronse un total de 100 controis antidopaxe, distribuídos en 38 controis en competición e 62 controis fóra de competición. Nos controis antidopaxe levados a cabo realizaronse 34 controis antidopaxe específicos para a detección de EPO-rh, así como 8 controis antidopaxe realizados sobre mostras fisiolóxicas de sangue para a detección de CERA e Hemoglobinas Sintéticas.
Coas actuais técnicas analíticas de que dispón o laboratorio de control da dopaxe homologado, nas mostras analizadas, non se acreditou a presenza non xustificada de ningunha substancia ou método prohibido, ou os seus metabolitos ou marcadores, de entre os incluídos na listaxe de referencia.
Cómpre sinalar que, como novidade na tempada 2013, os controis de dopaxe programados pola ACT extenderonse -ademais de aos clubs socios de dita Asociación- aos participantes nas ligas ARC e LGT e que aspiraban a facer parte no play-off de ascenso á máxima competición.
Igualmente, para alén dos controis de dopaxe, foron obtidas de forma sorpresiva ao longo da tempada 2013 un total de 67 mostras sanguíneas de remeiros pertencentes aos equipos mellor situados na clasificación, analizando certos parámetros hematolóxicos tendentes a coñecer posíbeis alteracións producidas pola utilización de axentes dopantes. A tales controis sanguíneos realizados de forma sorpresiva pola ACT, deben engadirse as analíticas que en dous momentos da tempada cada equipo debe presentar de todos os seus deportistas.
Todas as mostras sanguíneas obtidas serven para dispór dun perfil hematolóxico de cada deportista, podendo ser detectadas no seu caso eventuais alteracións que se puideran chegar a producir e que pudideran ser indiciarias do uso de dopantes. Ningún dato sanguíneo das analíticas realizadas na tempada 2013 amosan, nin individual nin colectivamente, parámetros ou valores obxectivos que sexan indicadores ou fagan prever unha posíbel utilización de algunha das variedades de EPO-rh ou otras substancias ou métodos prohibidos na listaxe de dopaxe de referencia que melloren os niveis sanguíneos e a transferencia de osíxeno.
Consciente da importancia que ten no mundo do deporte na actualidade, é desexo e vontade da ACT, cos medios que poida destinar nos vindeiros exercicios, continuar realizando un programa de control da dopaxe no seo das súas competicións.