Novas 2013

ESPECIAL

07 Nov 2013

GETXO CIDADE EUROPEA DO DEPORTE

GETXO CIDADE EUROPEA DO DEPORTE GETXO CIDADE EUROPEA DO DEPORTE

Imanol Landa, alcalde de Getxo recolleu no Parlamento Europeo de Bruxelas o premio de Cidade Europea do Deporte 2014, un galardón que a Asociación Europea de Cidades Deportivas (Aces Europa) concedeu ao municipio biscaíno no pasado verán.

A delegación estivo composta polo alcalde, Imanol Landa, o concelleiro de Deportes, Álvaro González e varios representantes deportivos de Getxo.

 

O Concello salientou o reforzo de Getxo Kirolak, a organización de eventos e a promoción da marca Getxo como destino turístico. O alcalde, Imanol Landa, considerou que se trata “dunha magnífica ocasión para recoñecer a realidade da ampla e diversa oferta deportiva" de Getxo, o traballo "conxunto" do Concello e do tecido asociativo de clubs e entidades deportivas do municipio. Landa sinalou que este galardón debe servir "para recoñecer o labor de todas as persoas e entidades deportivas" que fan de Getxo "un espazo óptimo e comprometido coa práctica deportiva nas súas distintas modalidades e expresións, e polo tanto, coa saúde e o benestar".

 

Cómpre salientar que a ACT está presente en Getxo todas as tempadas coa organización da xornada Getxoko Estropaden Ikurriña, regatas correspondientes á Liga San Miguel de Traíñas e á Liga Euskotren.

 

PARABÉNS!

Voltar