Novas 2014
ESPECIAL
26 Nov 2014
NoDopApp, a nova ferramenta contra a dopaxe da AEPSAD
Esta nova aplicación permite dunha forma doada e accesíbel seguir formando ao deportista na loita contra a dopaxe
Co fin de seguir concienciando e formando ao deportista en materia de loita contra a dopaxe, a AEPSAD -Axencia Española da Protección da Saúde do Deportista-, desenvolveu a aplicación NoDopApp. Esta permite consultar a través do móbil, tablet ou ordenador se o uso dun medicamento está autorizado en España ou se pola contra contén algunha substancia dopante.
A aplicación, que se atopa disponíbel de forma gratuíta tanto para Android como para IOS, permite saber dunha forma doada e accesíbel que substancias están prohibidas e cales non. Para isto, só hai que introducir no buscador o nome do medicamento ou principio activo e a aplicación encargarase de analizar as substancias que o compoñen, para así especificar se está ou non prohibida. Cómpre sinalar que estes datos están baseados na Listaxe de Substancias e Métodos Prohibidos no Deporte que ano a ano se publica polo BOE, dentro do marco da Convención Antidopaxe da Unesco.
Finalmente, os usuarios tamén teñen a opción de enviar consultas ou comentarios á AEPSAD a través da aplicación, así como recibir notificacións de interese sobre a saúde na práctica deportiva e a dopaxe. Con todo, lembramos que a APP xa está disponíbel para a súa descarga en Google Play, así como na Apple Store para os terminais IOS.
A ACT e a AEPSAD colaboraron moi estreitamente, participando conxuntamente ao longo desta última tempada en charlas formativas cos remeiros dos clubs socios. Ademais, ambas entidades están explorando futuros acordos que permitan mellorar a loita contra a dopaxe.