Novas 2014
ESPECIAL
03 Dec 2014
Mikel Azkarate marca o ritmo da #PlaylistdeDecembro
O remeiro de Orio Babyauto trainos unha selección cargada de música electrónica, na que o comercial e underground conviven en harmonía
Chega o mes de decembro e con el chega a derradeira playlist deste ano 2014. O encargado de lle pór ritmo á #PlaylistdeDecembro é Mikel Azkarate, remeiro de Orio Babyauto. Unha selección na que o biscaíno non dá respiro ningún, a base de drum and bass, sintetizadores e samples consegue completar a listaxe máis electrónica escoitada até o momento nas nosas seleccións musicais. Non perde a oportunidade de render homenaxe a un dos produtores máis recoñecidos do momento, o sueco Avicii, con grandes éxitos como o ‘I could be the one’, ‘Levels’ ou ‘Wake me up’. Por suposto tamén hai espazo para outro referente da electrónica máis comercial como David Guetta ou Swedish House Mafia.
Á marxe destes nomes, acude en busca de ritmos máis inquietos e entrecortados, como é o caso de R3hab, Robaer ou Bassjackers, que sen dúbida nos transportan á escena máis underground e escura da electrónica que tan en auxe está nos últimos tempos.
#PlaylistdeDecembro
I Could Be The One – Avicii
Raise Those Hands – R3hab
Feel the Beat – Robaer
Derp – Bassjackers
Levels – Avicii
If I Lose Myself – One Republic
Don’t You Worry Child – Swedish House Mafia
Lovers On The Sun – David Guetta
Like Home – Nicky Romero
Animals – Martin Garrix
Heroes – Alesso
Wake Me Up – Avicii
This Is What It Feels Like – Armin Van Buuren
Encore – MAKJ
Bad – David Guetta
Symphonica – Nicky Romero
How We Party – R3hab
Samurai/Go Hard – R3hab
This is Dirty – Dvbbs
Tsunami – Dvbbs