Novas 2014
ESPECIAL
11 Dec 2014
Prensa e ACT desafíanse en Pasaia
O domingo celebrarase ás 10.30 horas un desafío de traíñas con directivos dos clubs da ACT e cos xornalistas que seguen a competición
Este domingo a partir das 10.30 horas, o porto de Pasaia será testemuña dunha regata moi especial. E é que a Prensa e a ACT lanzáronse un desafío no que ambas traíñas tratarán de pelexar pola bandeira que os acredite como a máis rápida. A embarcación da prensa estará composta por aqueles xornalistas que habitualmente cubren a Liga San Miguel e a Liga Euskotren. Nomes como os de Imanol Arruti, Kepa Iribar, Aner Gondra, Jabi Izquierdo, Manu Maritxalar, Gaizka Lasa ou Xabi Larrañaga son alguns dos que tratarán de conquistar o ansiado triunfo. Unha embarcación de xornalistas que, cómpre sinalar, xa completou algunha sesión de preparatoria de cara este encontro.