Novas 2017
ESPECIAL
13 Dec 2017
Grande desafío en Pasaia!
A Prensa e a ACT enfréntanse de novo por cuarto ano consecutivo
Este domingo, a partir das 10.45 horas, o porto de Pasaia voltará ser testemuña dunha regata moi peculiar. Prensa e ACT lanzáronse outro ano máis ao reto de veren quen é máis rápida na auga. O ano pasado, a tripulación da ACT logrou imporse con un rexistro de 5’59”, seis segundos mellor que o tempo marcado pola traiñeira da Prensa, o que lle deu a súa segunda bandeira, mentres que a Prensa ten unha.
Cómpre sinalar que o campo de regatas estará situado dentro do Porto de Pasaia e as balizas de saída e chegada se fondearán a carón do club de San Juan, que tamén este ano voltará ser o anfitrión deste desafío. As dúas tripulacións terán que completar un percorrido de catro longos con tres ceavogas, no que xornalistas e directivos se porán, por uns minutos, no pelexo de todos os remeiros a quen durante o verán observan tan atentamente.