Novas 2020
ESPECIAL
15 Out 2020
CaixaBank faille unha homenaxe aos campións do 2020
A nova imaxe das oficinas de Orio e Santurtzi lembra as vixentes campioas da Liga Euskotren e campións da Coroa CaixaBank
A tempada de traiñeiras deste ano rematou cun novo campión, Santurtzi Transportes y Grúas Aguado, que conseguiu levar por primeira vez a Coroa CaixaBank ao lideraren a Liga Eusko Label, e un equipo, Orio Arraunketa Elkartea, que conseguiu o seu segundo campionato consecutivo na Liga Euskotren e continúa así a escribir o seu nome na historia do remo.
CaixaBank, patrocinador principal de ambas competicións, quixo homenaxear os vencedores e por isto redeseñou as fachadas das súas oficinas en Orio e Santurtzi coas fotos dos equipos campións. Os protagonistas destas fotos, as campioas da Liga Euskotren e os vencedores da loita pola Coroa CaixaBank acudiron á inauguración da nova imaxe das oficinas.
As persoas afeccionadas ao remo poderán achegarse ás oficinas de Orio (Eusko Gudariak, 22) e Santurtzi (Avenida Murrieta, 20) e levaren unha lembranza de balde, en forma dun poster do plantel campión.
CaixaBank, entidade comprometida co deporte
Para CaixaBank, o patrocinio deportivo é unha ferramenta estratéxica de comunicación que imparte valores que a entidade comparte coa práctica deportiva, como son o liderado, o esforzo, a superación e o traballo en equipo. A través do patrocinio, a entidade financeira fomenta o progreso cultural, social e económico, en liña cos seus valores fundacionais de compromiso coa sociedade.
A través da rede de oficinas, CaixaBank mantén unha estreita vinculación co territorio e conta cunha vocación de entidade achegada ao cliente, o que se traduce no patrocinio local como estratexia axeitada para xerar notoriedade no territorio de influencia. Por ese motivo, CaixaBank en Euskadi está presente en entidades como o Eibar, Alavés o Baskonia. Mais a estratexia da entidade pasa tamén por apoiar e fomentar o deporte do territorio, como é o caso do remo coa liga de traiñeiras, ou da pelota man co patrocinio principal da LEPM. CaixaBank actualmente patrocina 16 equipos de fútbol de Primeira División e 13 de Segunda, 47 carreiras populares e apoiou, entre outros, o proxecto Plaza 3x3 CaixaBank.