Novas 2020
ESPECIAL
09 Nov 2020
Volta ao traballo!
A maioría dos clubs da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren comezaron os adestramentos de cara a tempada 2021 de remo
Apenas pasou un mes e medio desde que demos por rematada a tempada de traiñeiras en augas de Portugalete e os remeiros xa están a se embarcar na preparación dunha nova campaña de remo encentando os primeiros adestramentos conxuntos. Algunhas caras novas e novidades nos equipos serán o punto distintivo na chegada desta nova pretempada, na que o que non mudará é o esforzo e a dedicación dos e das deportistas que voltan ao traballo.
Aínda falta moitísimo tempo para o comezo da competición, mais a preparación xa está en marcha para que cada equipo chegue na mellor forma física posíbel á súa reestrea na Liga Eusko Label e Liga Euskotren. Daquí en adiante, fican unha chea de xornadas de adestramento na traiñeira e innumerábeis sesións de ximnasio, que canda os descensos de inverno, marcarán o devir da pretempada de cada equipo.