Novas 2023

DISCIPLINA

06 Nov 2023

A ACT efectúa 105 controis antidopaxe na tempada 2023

A ACT efectúa 105 controis antidopaxe na tempada 2023

Durante a tempada 2023 a Asociación de Clubs de Traiñeiras a través do seu órgao antidopaxe realizou 105 controis aos clubs participantes na Liga Eusko Label, na Euskotren e nos Play-Off de ambas as dúas competicións, correspondendo a 46 mostras recollidas en competición e 59 fóra de competición.

Todas as análises das mostras foron realizadas polo laboratorio de Control da Dopaxe do IMIM de Barcelona, centro homologado pola Axencia Mundial Antidopaxe (AMA-WADA) e os seus resultados reflectiron a ausencia de cualquera substancia ou método prohibido a excepción de 1 informe analítico adverso pola aparición de Benzoilecgonina (metabolito de cocaína) nunha mostra recollida en competición, que foi trasladada ao Xuíz de Disciplina.

A ACT quere salientar a coordinación levada a cabo coa Axencia Vasca Antidopaxe sen mermar as accións que, no marco das súas competencias, tivese programadas, engadindo ademais a súa participación como organismo de recollida de mostras de cara a impulsar a loita contra a dopaxe na nosa disciplina.

Voltar