Novas 2011
COMPETICION
20 Xul 2011
A LIGA SAN MIGUEL
Pasai San Pedro acolle a primeira xornada en augas Gipuzkoás para disputar a 8ª regata da Liga San Miguel
Pasai San Pedro, 20 de xullo. - A emoción da Liga San Miguel muda de comunidade. A caravana remeira dará sábado un chimpo de 200 quilómetros para se trasladar de Santander a Pasaia. San Pedro acolle a primeira edición da BANDEIRA NOVO PORTO DE PASAIA, 8ª proba puntuábel da Liga San Miguel, patrocinada polo novo porto de Pasaia. A presentación estivo presidida por Lucio Hernando Albistegi, Presidente da Autoridade Portuaria de Pasaia e Josetxo Aramburu, Presidente do club de remo Sanpedrotarrak.
A cita é ás 18h da tarde, e as embarcacións partirán en tres quendas de catro embarcacións, no formato de seis longos e cinco ceavogas. A orde de saída estabelecerase en base á Calificación Xeral. Cita especial para a traíña morada da Libia, que tentará facer unha boa regata nunhas augas que coñece polo miúdo, para cando menos, conseguir un oco na segunda quenda e escapar dos derradeiros postos da táboa.
A regata repartirá 22.500 euros en premios, e as embarcacións terán que cubrir unha distancia de 5.556 metros, tres millas mariñas.
Antes da xornada masculina, no mesmo lugar celebrarase a terceira xornada da Liga Gipuzkoá as 17:30.