Novas 2011

COMPETICION

27 Xul 2011

ECUADOR DA LIGA SAN MIGUEL: XXVI EDICIÓN DA BANDEIRA DE ZUMAIA

ECUADOR DA LIGA SAN MIGUEL: XXVI EDICIÓN DA BANDEIRA DE ZUMAIA

- Kaiku Ambilamp destaca na procura da Coroa Mapfre, aínda que a igualdade entre as 12 traíñas é máxima

- A Liga Euskotren chega ao remate da Liga regular e as dúas primeiras clasificadas de cada grupo pasarán ao Play Off final

Zumaia, 27 de xullo. - A Liga San Miguel cruza o ecuador da tempada coa disputa das dúas regatas vindeiras, en Getxo e Zumaia. A cita do domingo é en Zumaia, que acollerá a XXVI edición da BANDEIRA DE ZUMAIA, regata que se disputa en mar aberto.

A regata de Zumaia disputarase o domingo 31 de xullo ás 12 do mediodía, con tres quendas de catro traíñas, e un percorrido a cubrir de 5.556 metros (tres ceavogas). A presentación da regata celebrouse no Centro de Interpretación Algorri, en Zumaia, e alí asistiron Iñaki Agirrezabalaga alcalde da vila costeira, o presidente do club Aita Mari de Zumaia, Luis Mari Goikoetxea e Santi Ipiñazar en representación de El Diario Vasco. Repartiranse 22.500 euros en premios, e a distribución das quendas decidirase en base á clasificación da regata da véspera. Regata que se disputará en Getxo: GETXOKO ESTROPADEN XXXIII. IKURRIÑA.

A primeira metade da tempada deixa nun lugar destacado á tripulación de Kaiku Ambilamp, en diante de Urdaibai Umpro Avía, Hondarribia Orsa e San Juan Iberdrola. O primeiro mes de competición deixaron ben clariño a igualdade existente na Liga San Miguel. A anfitrioa Zumaia tentará realizar unha boa regata ante os seus afeccionados, e de paso apurar as súas opcións para evitar o undécimo lugar, posto que aboca ao play-off de ascenso/descenso.

Zumaia acollerá tamén a 3ª regata puntuábel da Liga Euskotren correspondente ao grupo A e as anfitrioas chegan como líderes empatadas a puntos con Galiza Rianxeira. As embarcacións deberán cubrir unha distancia de 2.778 metros, 1,5 millas mariñas (dous longos e unha ceavoga). A xornada dará comezo coa regata feminina ás 12h00.

O día anterior celebrarase en Getxo a 10º xornada puntuábel da Liga San Miguel e a 3ª xornada da Liga Euskotren correspondente ao grupo B.

Os 7 equipos voltan á competición despois dunha fin de semana de ausencia co liderado de grupo e o pase ao Play Off en xogo. A emoción está no grupo B onde San Juan e Bizkaia empatadas a 5 puntos xogan o pase ao Play Off final pola Liga e a Ikurriña de Zarautz. As dúas primeiras clasificadas de cada grupo pasarán ao Play Off que se disputará en Zarautz o 13 e 14 de agosto, punto final da Liga Euskotren 2011.

Voltar