Novas 2017

ESPECIAL

08 Xul 2017

22 traiñeiras inundan a fin de semana

22 traiñeiras inundan a fin de semana

Gipuzkoa estréase esta tempada na Eusko Label Liga con dúas xornadas en Orio e Donostia
 

22 traiñeiras encontraranse esta fin de semana nas dúas xornadas que terán lugar en Orio e Donostia. O sábado, a partir das 17.30 horas dará comezo a batalla por conseguir a Orioko XXVII. Estropadak – V. Orio Kanpina Bandera e a V. Bandeira Orio kanpina feminina, e o domingo a partir das 12.00 horas desputarán a VI. Bandeira Euskotren e a Bandeira Giroa Veolia. Estes dous encontros tamén nos servirán para saber que catro tripulacións competirán na Liga Euskotren.

Tras a desputa das dúas primeiras xornadas desta tempada, Urdaibai Avia é o primeiro líder da clasificación xeral da Eusko Label Liga, con 22 puntos, un máis que Orio Babyauto, en segunda posición. Hondarribia é terceira con 20 puntos e Kaiku Producha pecha os postos de honra con 18 puntos. A zona media da táboa esta ocupada por Tirán Pereira con 15 puntos, San Juan Sumelec con 12 e Zierbena Bahías de Bizkaia con 10. Tras os ‘galipo’, sitúase un grupo de catro equipos que suman cadanseus 9 puntos, son Cabo, Ares, San Pedro e Ondarroa Cikautxo. En última posición atopamos a Astillero con 2 puntos.

A regata de Orio desputarase no Río Oria, tendo as balizas de saída e chegada a carón da praza da vila, e desputándose esta en formato contra o reloxo, tendo como orde de saída a clasificación xeral da Eusko Label Liga. Polo tanto, na primeira quenda estarán Astillero, Ondarroa Cikautxo, San Pedro e Ares; na segunda, Cabo, Zierbena Bahías de Bizkaia, San Juan Sumelec e Tirán Pereira; e por último, na quenda de honra remarán Kaiku Producha, Hondarribia, Orio Babyauto e Urdaibai Avia. O ano pasado, por segundo ano consecutivo, Hondarribia logrou levar a vitoria con un rexistro de 19’30”26, superando en pouco máis de 4” á ‘Bizkaitarra’ de Kaiku Producha e en 7” a Urdaibai Avia. O club anfitrión, Orio Babyauto, ficou en cuarta posición con unha desvantaxe de 17” con respecto á “Ama Guadalupekoa”. O mellor rexistro deste campo de regatas teno en propiedade o club bidasoarra con un rexistro de 19’15”88, obtido na tempada 2015. No 2014, aos remeiros locais de Orio Babyauto escapóuselles a vitoria por apenas 96 centésimas, sendo a diferenza máis pequena entre os dous primeiros clasificados.

Na categoría feminina, a vitoria, por terceiro ano consecutivo, foi para San Juan Iberdrola, que parou o tempo en 10’43”20. Esta conseguiu unha vantaxe de sete segundos frente Hibaika Jamones Ancín, que entrou na segunda posición. No terceiro posto posicionouse Orio Babyauto. Cómpre lembrar que a orde de saída da regata feminina, que cubrirán unha milla e media, será por sorteo previo á regata.

Pola súa banda, o domingo será o turno dunha das contornas clásicas do mundo do remo, a baía da Concha coa Bandeira Giroa Veolia. Un encontro que se desputará en formato liña e cuxa orde de saída virá definida en base aos resultados conseguidos na Orioko XXVII. Estropadak. Cómpre salientar que esta regata do domingo será a encargada de abrir a tempada de mar na Eusko Label Liga, xa que de aquí en diante, todas as demais xornadas do calendario serán desputadas nesta contorna, excepto a Bandeira Adegi e a XLIII Bandeira El Corte Inglés. O ano pasado, a ‘Ama Guadalupekoa’ impúxose con unha vantaxe de case doce segundos frente o segundo posto, que o consiguiu a ‘Bou Bizkaia’. Nos últimos tres anos, distintos clubs foron os gañadores deste encontro. Canda Hondarribia (2016), no 2015 foi Orio Babyauto, con un tempo de 20’13”66, e no 2014 Kaiku Producha, con unha marca de 19’49”14.

Na categoría feminina, o ano pasado, a vitoria foi para San Juan Iberdrola que parou o tempo en 11’00”26. Esta tirou unha vantaxe de seis segundos frente Hibaika Jamones Ancin. Porén, no 2015, as vencedoras foron as Zumaiarras con 11’06”28. San Juan Iberdrola ficou en segunda posición con unha desvantaxe de 11 segundos.

Consulta o dossier da regata de Orioko XXVII. Estropadak – V. Orio Kanpina Bandera e o da Bandeira Giroa Veolia.

Voltar