Novas 2020
ESPECIAL
02 Xul 2020
A pel do líder
Negua foi a encargada de crear os novos maillotes de líder das catro categorías para a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren
Todos estamos desexando que chegue a primeira xornada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren para vermos o nivel que dará cada equipo este verán. Quen sufrirán máis e quen darán un golpe na mesa dende o primeiro longo.
Precisamente, os que mellor resultado obteñan estas primeiras xornadas poderán optar a lideraren unha das catro clasificacións distintas que compoñen as dúas competicións. Negua, Official Partner da Asociación, foi o encargado de crear a nova pel dos líderes de cada unha das catro categorías.
O maillote vermello de Eusko Label, seguirá a ser símbolo de vitoria e vestirá ao líder da clasificación xeral da Eusko Label Liga ao remate de cada regata. Pola súa banda, o maillote branco de CaixaBank premiará os mellores patróns da competición masculina.
Á súa vez, a estrela de CaixaBank tamén lucirá no peito da tripulación líder da Liga Euskotren. E finalmente, unha das novidades deste verán: O maillote laranxa creado por Negua, premiará a mellor patroa da competición feminina na segunda edición deste premio.