Novas 2020
ESPECIAL
16 Xu˜ 2020
A Coruña marca o inicio
A cidade herculina acollerá os dous primeiros asaltos da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren o 4 e 5 de xullo
A tempada estival de remo está a piques de comezar e os clubs da Eusko Label Liga e da Euskotren Liga xa coñecen o calendario da competición que os levará a remar polos mellores campos de regatas da Costa Cantábrica e Atlántica.
O bandeirazo de saída será na Coruña coa IV Bandeira Cidade da Coruña. Esta dobre xornada dará comezo á Liga Eusko Label e à Liga Euskotren e será a primeira tomada de contacto para os 16 equipos que loitarán pola Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren.
A competición chegará a augas bascas cando o 11 e 12 de xullo se poñan en xogo a VIII Bandeira CaixaBank na baía da Concha de San Sebastián e a XXXVII Bandera Petronor en Zierbena. O 18 de xullo será a vez dunha das bandeiras máis clásicas do calendario estival, a Getxoko Estropaden XLII. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVI. Omenaldia. Ese mesmo domingo 19, a competición chegará á casa do club campión da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren desputándose as Orioko XXX. Estropadak. Xullo rematará coa visita dos 16 clubs á capital biscaína para a XI Bandeira de Bilbao o 25 de xullo e a XXXV El Correo Ikurriña en Lekeitio o día 26.
Tras unha fin de semana de paro pola desputa do Campionato de España de Traiñeiras, as dúas competicións voltarán o 8 e 9 de agosto coa Hondarribiko XXXIII. Bandeira e a XXXVI. Ondarroako Bandera. O 15 e 16 de agosto chegará un dos momentos especiais da tempada coa desputa da dobre xornada da XLIII. Zarauzko Estropadak, onde se porá punto e final á Liga Euskotren e se coroará o equipo campión da competición feminina.
Santurtzi e Portugalete acollerán na fin de semana do 22 e 23 a desputa da Santurtziko XLI. Ikurriña e da XIX Bandeira Concello de Sestao, respectivamente. Agosto dirá adeus coa segunda fin de semana galega na XIII Bandeira Concello de Ares o día 29, no que a caravana da Eusko Label Liga chegará por segunda vez á casa do recén ascendido, logo da primeira edición no 2017, e a XXX Bandeira Concello de Boiro o 30.
Despois da desputa da Bandeira da Concha as dúas primeiras fins de semana de setembro, a Eusko Label Liga volta á escena para pór o colofón final á tempada de verán de traiñeiras. A Bermeo Hiriko XXXVIII. Bandera e a XLVI Bandeira El Corte Inglés pecharán a tempada os días 19 e 20 de setembro, onde se entregará, unha vez máis, a Coroa CaixaBank ao campión.