Novas 2014

ESPECIAL

07 Xu˜ 2014

A gala anual da ACT celebrouse hoxe en Bilbao

A gala anual da ACT celebrouse hoxe en Bilbao

O evento celebrouse no teatro bilbaíno Campos Elíseos

O Teatro Campos Elíseos de Bilbao acolleu hoxe a gala anual da ACT na que se xuntaron arredor de 700 convidados. A gala, presentada por Sandra Sabatés e Xabier Usabiaga, contou con unha entrega de premios na que se premiaron os méritos da tempada pasada.

A traíña de Kaiku Ambilamp foi premiada co trofeo de traíña máis rápida da tempada. O galardón ao mérito deportivo foi para o recentemente falecido Pedro Díaz, trofeo que recolleu a súa muller. Zumaia foi premiada como club coa mellor canteira e Dani Pérez, técnico de Tirán Pereira, foi escollido como adestrador da tempada nunha votación realizada entre os adestradores dos distintos clubs. O premio ao mellor patrón da tempada repartírono Asier Zurinaga e Christian Garma, patróns de Kaiku Ambilamp. Pola súa banda tamén se quixo facer fincapé na afección que moven semana tras semana os clubs e premiouse a Portugalete como mellor afección da tempada. Para rematar o premio honorífico, entregado polo residente da ACT Pedro Andueza, foi para a empresa G93.

A gala estivo amenizada por varios discursos, os de Iñigo Palomino, representante de Euskotren, Pedro Bartra, representante da  la Caixa, Carlos Cubillo, representante de San Miguel e Pedro Andueza, presidente da ACT. Finalmente, a gala tamén contou con un monólogo de Miguel Lago.

Voltar