Novas 2014
ESPECIAL
09 Xu˜ 2014
Vitoria reforzadora de Hondarribia Orsa
A 'Ama Guadalupekoa' impúxose o sábado en augas de Lekeitio por diante de Orio Babyauto e San Pedro Ecolamare
Neste sábado Lekeitio foi o lugar do encontro da Lekeitiko Ikurrina onde se reuniron un total de 29 embarcacións, das cales sete forman parte da Liga San Miguel e outras tres da Liga Euskotren.
Na categoría masculina a vitoria foi parar a Hondarribia Orsa, o cal tivo que se repór da forte saída de Orio Babyauto, que na primeira ceavoga avantaxaba os hondarribias en tres segundos. A partir de aí a 'Ama Guadalupekoa' foi limando diferenzas e acumulando segundos, situándose nas balizas de chegada con un tempo de 19'43''07. O segundo lugar foi precisamente para a ‘San Nikolas’ de Orio Babyauto, a cinco segundos dos verdes.
Por tres décimas, San Pedro Ecolmare fíxose co terceiro posto, un tempo, fique dito de paso, que lle valeu para gañar a segunda quenda. A cuarta posición caeu en mans de Urdaibai Avia, mentres que Kaiku Ambilamp ficou quinto a 24 segundos dos gañadores. Portugalete Eulen ficou no sexto lugar, mentres que Zierbena Bahías de Bizkaia levou a novena posición, sendo superado polas traíñas da ARC-1 Lekittarra e Zumaia.
Na competición feminina, a vixente campioa da Liga Euskotren, Zumaia, conseguiu a vitoria con unha marca de 11'23''63. Hibaika Jamones Ancín foi segunda a tres segundos das zumaiarras e Orio Babyauto clasificouse na terceira posición.