Novas 2017
ESPECIAL
14 Xu˜ 2017
"Agardamos estar da metade para arriba da táboa"
Juan Zunzunegui, adestrador de Zierbena Bahías Bizkaia, declara cales son as intencións do equipo na Eusko Label Liga.
Chega o mércores con un novo protagonista que loitará pola Coroa Caixabank este verán; Juan Zunzunegui, adestrador de Zierbena Bahías de Bizkaia. Preguntámoslle sobre os oponentes e sobre as sensacións e obxectivos que teñen ante a nova tempada de Eusko Label Liga.
Zunzunegui está bastante á vontade coa pretempada do club e declarou que “as mudanzas feitas con respecto á tempada anterior reforzaron o equipo tanto fisicamente como grupo”. Por outra banda, confirmaron que “Hondarribia manterá o nivel”, e que este ano será difícil que “alguén lle complique a liga como fixo o ano anterior Urdaibai Avia”. Finalmente, di que o obxectivo principal do club será “gañar polo menos unha bandeira” na Eusko Label Liga.