Novas 2017
ASOCIACION
15 Xu˜ 2017
A ACT marca encontro neste sábado en Oiartzun
A Asemblea reunirase en sesión extraordinaria neste sábado ás 10.00 horas na súa sede de Oiartzun
Este sábado a partir das 10.00 horas a ACT reunirase en Oiartzun en Asemblea Extraordinaria, co fin de tratar diferentes puntos entre os que cómpre salientar as negociacións que se están a levar a cabo entre a Axencia Española para a Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD) e a ACT para pechar un acordo de colaboración. Un acordo co que se pretende reforzar e ampliar os controis antidoping na ACT, nunha clara aposta por seguir a ser intolerante frente as prácticas ilícitas e apoiándose a Asociación no organismo de referencia existente en España nesta materia.