Novas 2020
ASOCIACION
25 Abr 2020
Os clubs da ACT reúnense para seguiren a traballar nunha tempada de regatas
Así que as autoridades permitan voltar á práctica deportiva, os diferentes clubs da Eusko Label Liga e da Euskotren Liga deberán seguir unhas pautas indicadas no protocolo de actuación dirixido polo médico da ACT, Juan José Badiola
A Asociación segue a traballar coa ollada posta nun verán de regatas de traiñeiras. Nese sentido, os representantes dos doce clubes socios e os membros da Xunta Directiva reuníronse esta mañá nunha nova sesión informativa de xeito telemático.
Neste encontro tamén estivo presente Juan José Badiola, Responsábel dos Servizos Médicos e Antidopaxe da Asociación, quen canda os médicos dos clubs da ACT, estivo a traballar na elaboración dun protocolo de actuación frente o COVID-19, sempre en coordinación e respectando o que dictaminen as autoridades sanitarias en cada momento.
Badiola presentou este documento ante os socios da Asociación, no que se tratan diferentes medidas e protocolos que deberán seguir os remeiros e remeiras de ambas competicións dende o primeiro momento no que as autoridades permitan voltar á actividade deportiva para conseguir a premisa principal de contaxio 0.