Novas 2018

ESPECIAL

14 Mai 2018

GO fit Hondarribia lidera de novo

GO fit Hondarribia lidera de novo

A ‘Ama Guadalupecoa’ vence no Urumea, e San Juan Iberdrola tamén, na categoría feminina

O sábado pola tarde desputouse en Donostia, máis concretamente nas augas do río Urumea a ‘Bandeira de Añarbe’, unha regata conmemorativa dos 50 anos de vida de Añarbe.

Non foi esta unha regata convencional, xa que se trataba dunha contra o reloxo e dous sprints. Nesta proba participaron un total de dez clubs guipuzcoanos, dos cales cinco son da Eusko Label Liga: GO fit Hondarribia, Orio Babyauto, San Juan Sumelec, San Pedro e Donostiarra. Na categoría feminina atopábanse as remeiras de San Juan Iberdrola, as vixentes campioas da Liga Euskotren.

Logo dunha competición pasada por auga, finalmente foi GO fit Hondarribia quen venceu na final por diante de San Pedro (+3”) e Orio Babyauto (+6”). Das mulleres, San Juan Iberdrola foi a traiñeira máis rápida con un tempo total de 06’15”48 na contra o reloxo e 02’09”68 no sprint final.

Voltar