Novas 2015
ESPECIAL
16 Mar 2015
Os campións volven ao seu hábitat
Hondarribia Arraun Elkartea imponse no Test de San Pedro, mentres que San Juan Iberdrola fai o propio na categoría feminina
O sábado a bahía de Pasaia recibiu 36 traíñas con motivo da desputa do VII Test de San Pedro. Un encontro que tivo que modificar o seu campo de regatas, dadas as condicións meteorolóxicas, e na que Hondarribia Arraun Elkartea, vixente campión da Coroa “la Caixa”, acabou impóndose con un tempo de 19’50’’71. Completaron os postos de honra a ‘Bou Bizkaia’ de Urdaibai Avia, a cinco segundos, e a ‘Libia’ de San Pedro Ecolmare a 14 segundos. A cuarta posición foi para San Juan Iberdrola con un rexistro de 20’09’’04, mentres que polo quinto posto houbo unha axustada loita entre Zierbena Bahías de Bizkaia e Portugalete Grupo Eulen, impóndose finalmente os galipo por menos de dúas décimas. A sétima praza foi para Astillero a 35’’ da ‘Ama Guadalupekoa’ e completou o pelotón da Liga San Miguel.
No que á categoría feminina se refire, a actual campioa da Liga Euskotren, San Juan Iberdrola, exerceu como tal e conseguiu a regata con un tempo de 11’25’’46, conseguindo unha vantaxe de tres segundos a Hibaika Jamones Ancín e en sete segundos a Zumaia.