Novas 2015

ASOCIACION

24 Mar 2015

Asemblea dos socios da Asociación en Hondarribia

Asemblea dos socios da Asociación en Hondarribia

A aprobación dos orzamentos e do calendario deste ano serán os temas importantes da sesión

Os socios da Asociación de Clubs de Traíñas (ACT) reuniranse o vindeiro día 28 de marzo a partir das 10:00 horas no Parador Nacional Carlos V, na localidade guipuscoana de Hondarribia para celebrar a Asemblea na que se falará sobre distintos temas.

Entre os puntos da orde do día máis importantes atópanse a aprobación dos orzamentos para o ano 2015 xunto coa aprobación, tamén, do calendario de competición da tempada 2015 da Liga San Miguel, que definirá o calendario no que as 12 traíñas da Asociación desputarán a Coroa 'la Caixa'.

Voltar