Novas 2021

COMPETICION

14 Set 2021

Catro aspirantes a unha praza

Catro aspirantes a unha praza

Tres clubs vascos e un galego loitarán nesta fin de semana por unha praza na vindeira edición da Liga Euskotren

Velaquí está a derradeira fin de semana da Liga Eusko Label e Liga Euskotren. En Bermeo e Portugalete desputaranse os playoff de ascenso á Liga Euskotren, en que catro equipos quererán optar á única praza dispoñíbel. Dúas regatas en formato de contra o reloxo decidirán quen acompañará a Donostia Arraun Lagunak, Orio Orialki e Donostiarra Lacturale na vindeira edición da Liga Euskotren.

Os catro equipos que o sábado van arriar as estachas en Bermeo e o domingo en Portugalete serán por unha banda Hondarribia Bertako Igogailuak que procurará defender a súa praza na máxima categoría. Da banda da Liga ETE, Tolosaldea Arraun Kluba e Deustu Arraun Taldea serán as candidatas para superaren a Hondarribia Bertako Igogailuak, e da banda da Liga Galega participará CR Cabo da Cruz, mentres que Chapela renunciou á súa participación. 

Falamos cos seus adestradores para que nos conten como foi este verán nas súas respectivas ligas e que opcións teñen nestas dúas regatas de playoff.

 

Voltar