Novas 2023
COMPETICION
15 Set 2023
Tres candidatas para un posto
A oitava participante da Liga Euskotren da tempada 2024 será unha destas tres: ou Hibaika ou Kaiku ou Zumaia.
A última fin de semana de competición tamén servirá para coñecermos á última integrante da Liga Euskotren da vindeira tempada. En Bermeo desputarase a primeira xornada dos playoff, mentres que a segunda e a xornada decisiva desputarase no domingo en Portugalete. Tras da desputa das dúas xornadas coñecerase a oitava participante da competición feminina da tempada 2024, que será ou ben Hibaika Jamones Ancín ou Kaiku Nortegas ou Zumaia Salegi Jatetxea.
Hibaika Jamones Ancín, sexta clasificada da Liga Euskotren será quen defenda a súa continuidade na competición. As de Rentería queren dar continuidade ao seu traballo de retorno para a Liga Euskotren.
Kaiku Nortegas é a primeira clasificada da Liga ETE. As de Sestao son as primeiras campioas biscaínas da competición, e queren redondear o ano do centenario do club co ascenso do equipo feminino.
Zumaia Salegi Jatetxea, segundas clasificadas da Liga ETE, son as terceiras participantes do play offs de ascenso. Malia a súa segunda clasificación na tempada, as de Zumaia queren voltar para a competición da que se despediron na tempada 2015.