Novas 2013
COMPETICION
24 Xul 2013
ZUMAIA PECHA A PRIMEIRA PARTE DA TEMPADA
Vanse celebrar dúas probas neste domingo: 5ª regata puntuábel da Liga Euskotren e 11ª da Liga San Miguel
As bravas augas de Zumaia pechan a primeira parte da tempada de traíñas. A Liga San Miguel – Coroa La Caixa descansa unha semana, e os clubs tentarán dalo todo antes do merecido descanso dunha semana. Este mediodía presentouse no Centro de Interpretación Marina Algorri de Zumaia a ZUMAIAKO XVIII. IKURRINA. Ao mesmo tempo, presetouse a IV. BANDEIRA EL DIARIO VASCO, correspondente á Liga Euskotren. Á presentación asistiron o alcalde de Zumaia, Sr. Iñaki Agirrezabalaga, o presidente del club Aita Mari, Sr. Luis Mari Osa, y el miembro de la directiva del club Aita Mari, Sr. Aitor Manterola.
A proba comezará ás 12 do mediodía, coa 5ª regata puntuábel da Liga Euskotren. Liga que polo de agora, e para gozo dos zumaiarras, domina claramente o barco da casa: Zumaia Salegi Jatetxea Itziar. As vermellas poden deixar case decidido o campionato, se como parece, voltan gañar unha bandeira máis. A competición masculina tamén ten o atractivo de ver o rendemento da traíña local. A Telmo Deun mellorou as súas prestacións na última semana, e agora o seu obxectivo é achegarse a Pedreña, 10ª clasificada da Liga San Miguel. As quendas definiranse en base á regata disputada na véspera en Getxo.