Novas 2024

COMPETICION

13 Xul 2024

Arraun Lagunak imponse de novo en augas de Bilbao

Arraun Lagunak imponse de novo en augas de Bilbao Arraun Lagunak imponse de novo en augas de Bilbao

O equipo dirixido por Andrea Astudillo gañou 4 veces seguidas a Bandeira de Bilbao.

Arraun Lagunak voltou imporse hoxe en augas de Bilbao cun tempo de 10:28,32. Donostiarra foi segunda: as mozas adestradas por Rufo Urtizberea finalizaron a proba de contra o reloxo 13 segundos despois. A terceira praza foi para Hondarribia: malia teren participado na segunda quenda, Ama Guadalupekoa foi máis rápida que Orio e Tolosaldea e finalizaron nun tempo de 10:52,76. Por último, as cuartas foron as oriotarras, parando o crono nun tempo de 10:42.96.

Arraun Lagunak segue líder da clasificación da Liga Euskotren con 40 puntos. As segundas son as tolosarras con 31, as terceiras as oriotarras con 30, e a cuarta praza é para a Donostiarra con 27 puntos.
 

Zierbena acaba co dominio de Urdaibai

Zierbena rematou co dominio de Urdaibai, sendo a máis rápida na proba de contra o reloxo de Bilbao. As traiñeiras biscaínas marcaron case os mesmos tempos na segunda e terceira ceavoga, pero Zierbena dominou nos últimos metros, e logrou a súa primeira bandeira da Liga Eusko Label 2024, nun tempo de 19:27,06. Urdaibai, pola súa banda, rematou nun tempo de 19:28,82. Os terceiros foron os oriotarras, que precisaron 15 segundos máis para finalizaren a proba e o cuarto posto foi para Hondarribia, con 20 segundos de desvantaxe sobre Zierbena.

Nestes momentos Urdaibai segue líder da Liga Eusko Label con 59 puntos. Zierbena ten 53, Hondarribia 49 e Orio 46.

Voltar