Novas 2017
ESPECIAL
01 Ago 2017
Valoracións da primeira quenda na metade da tempada
Astillero, Ares, San Pedro e Cabo fan a súa valoración na metade de tempada da Eusko Label Liga
A estas alturas da tempada, e aproveitando o parón de agosto, é habitual recoller valoracións dos protagonistas da Eusko Label Liga sobre as xornadas desputadas até o de agora. Os primeiros en analizaren esta metade de tempada son os clubs que están nos últimos catro postos da clasificación: Astillero, Ares, San Pedro e Cabo.
Astillero, con 22 puntos, está no último lugar. Non está a ser unha tempada doada para os cántabros, xa que das dez xornadas desputadas até o de agora en seis remataron últimos. En penúltimo posto, con 31 puntos, posiciónase Ares. Durante a tempada pasaron altos e baixos, pero nas catro últimas xornadas non tiveron demasiada sorte e non deron mellorado o 10 posto. San Pedro e Cabo están coa mesma puntuación, 47, e a unha vantaxe de 16 puntos frente os de Ferrolterra. O mellor posto conseguido pola ‘libia’ foi o sétimo, na terceira regata da temporada, desputada en Orio. En canto aos de Boiro, o mellor resultado conseguido foi o de cuartos. Exactamente, na sexta xornada, desputada perto da casa, nas augas de Ares.
Isto é o que nos contan os protagonistas da primeira quenda: