Novas 2020
ESPECIAL
24 Xul 2020
Restricións Bilbao e Lekeitio
Para podermos garantir a saúde de deportistas e aficción, recomendamos seguir as regatas pola televisión
Con motivo da desputa da XI e II Bandeira de Bilbao o sábado na capital biscaína e a XXXV El Correo Ikurriña - Kutxabank Sari Nagusia - Lekeitioko Udala o domingo en Lekeitio, por parte da organización de ambas regatas tomáronse medidas para garantirmos a saúde dos deportistas e afeccionados.
O sábado en Bilbao a zona de embarque de traiñeiras no pavillón de Deusto Arraun Taldea e o contorno estará pechado ao público e a zona de gradas no Paseo Uribitarte tamén estará acotada.
O domingo en Lekeitio, a zona de embarque das traiñeiras, na praza frente o porto estará acotada. Pola súa banda, a subida á Ermida de San Juan e a zona do heliporto tamén estarán pechadas.
Desculpen as molestias, e lembren que poden seguir as regatas ao vivo na ETB, TVG, radios e nas nosas redes sociais.