Novas 2017

ESPECIAL

28 Xul 2017

O ecuador da Eusko Label Liga

O ecuador da Eusko Label Liga

Esta fin de semana Getxo e Zierbena acollerán as dúas xornadas que marcarán a metade da tempada da loita pola Coroa CaixaBank

A Eusko Label Liga e a Liga Euskotren encóntranse en augas biscaínas, exactamente en Getxo e Zierbena, para desputar a novena e a décima xornada do calendario, a quinta e sexta xornada no caso da competición feminina. En ambos encontros, primeiro remarán as tripulacións femininas e despois as masculinas. O sábado, en Getxo, ás 18.00 horas, porase en xogo a Getxoko estropaden XXXIX. Ikurriña e a Getxoko IX. Ikurriña. A xornada do domingo, porén, desputarase en Zierbena ás 12.00 do mediodía, coa XXXIV Bandeira Petronor e II Bandeira Petronor.

Urdaibai Avía, con 89 puntos, segue á cabeza da clasificación xeral da Eusko Label Liga. Con unha desvantaxe de 4 puntos, sitúase Hondarribia, e a 9 puntos do líder está Orio Babyauto. Pechando a quenda de honra está situado Kaiku Producha (63). Os cuatro clubs que ocupan a metade da táboa son: Zierbena Bahías Bizkaia (53), Ondarroa Cikautxo (44), San Juan Sumelec (43) e Tirán Pereira (41). Na parte baixa da clasificación están Cabo (40), San Pedro (38), Ares (28) e Astillero (19). Pola súa banda, na Liga Euskotren, o liderado mantense nas mans de San Juan Iberdrola (15) tras as dúas vitorias da pasada fin de semana. A dous puntos de desvantaxe posicionase Hibaika Jamones Ancín. O terceiro e cuarto posto, respectivamente, é para Orio Babyauto (8) e Arraun Lagunak Donostia (4).

O patrón de Hondarribia, Ioseba Amunarriz, con 12 puntos, é o primeiro na clasificación ao Mellor Patrón. Despois, con 7 puntos, está Iker Gimeno, patrón de Kaiku Producha, mentres que o terceiro posto é para Oscar Hermo (Cabo).

O sábado, a partir das 18.00 horas, Getxo acollerá unha dobre xornada da Eusko Label Liga e Liga Euskotren. Nela, estarán en xogo a Getxoko estropaden XXXIX. Ikurriña e Getxoko IX. Ikurriña, respectivamente. As quendas definiranse segundo a clasificación xeral da liga, polo que na primeira quenda estarán Astillero, Ares, San Pedro e Cabo. Na segunda quenda competirán Tirán Pereira, San Juan Sumelec, Ondarroa Cikautxo e Zierbena Bahías Bizkaia. Kaiku Producha, Orio Babyauto, Hondarribia e Urdaibai Avía serán, por último, os encargados de remaren na quenda de honra. Ano a ano, esta regata tivo múltiples vencedores, pero por riba de todos destacan Kaiku Producha e Hondarribia, ambas con cadansúas tres vitorias consecutivas. Kaiku Producha fíxose coa bandeira nos anos 2011, 2012 e 2013, mentres que Hondarribia conseguiuna en 2014, 2015 e 2016. Clubs como Pedreña (2006), Orio Babyauto (2007), Castro (2008 e 2009) e Urdaibai Avia (2010) tamén deron acadado a vitoria neste importante encontro do calendario. Até o momento, o mellor tempo deste campo de regatas osténtao Castro, cando en 2009 parou o crono nun tempo de 19'18”70, e tirando unha vantaxe a San Pedro de 10”56. Porén, a diferenza máis abultada neste encontro foi na edición de 2013. Daquela, Kaiku Producha non deu ningunha oportunidade aos seus rivais e sacou unha vantaxe ao segundo clasificado, Orio Babyauto, de 23”50. Pola contra, na edición de 2008, a vitoria estivo moi axustada e Castro apenas puido adiantar en 1”64 a Orio Babyauto na liña de chegada. Na Liga Euskotren, a clara dominadora deste encontro foi San Juan Iberdrola, xa que foi vencedora nos catro últimos anos. Nesta Ikurriña de Getxo, os aspirantes á Coroa CaixaBank competirán nun campo de regatas de tres millas náuticas a carón do Puerto Viejo, con catro longos e tres ceavogas, mentres que as catro embarcacións da Liga Euskotren farano nunha distancia dunha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga.

Na segunda xornada da fin de semana, en Zierbena, estarán en xogo a XXXIV Bandeira Petronor e a II Bandeira Petronor. As quendas fixaranse en base aos resultados do día anterior na Getxoko estropaden XXXIX. Ikurriña e Getxoko IX. Ikurriña. Repasando o histórico do encontro de Zierbena, desde que os 'galipos' están na Eusko Label Liga, Hondarribia (2012), Urdaibai Avía (2014 e 2015), e San Juan Sumelec (2016) foron quen dominaron a proba. Entre esas xornadas, até o de agora, o mellor tempo foi para Urdaibai Avía, quen reventou o crono con un tempo de 19’24”42 no ano 2014. A diferenza máis axustada entre o vencedor e o segundo marcouse o ano pasado, onde San Juan Sumelec adiantou por 0”18 a Urdaibai Avía. Cómpre sinalar, que os da ‘Bou Bizkaia’, conseguiron as súas dúas vitorias polo carreiro cuatro e tres respectivamente, mentras que a 'Ama Guadalupekoa' a súa vitoria conseguiuna pola carreiro dous, ao igual que a ‘Erreka’ o ano pasado. En canto á Liga Euskotren, esta é a segunda vez en que a liga feminina compite en Zierbena. A pasada vez foi no 2014 e a traiñeira gañadora foi San Juan Iberdrola.

Consulta o dossier da regata Getxoko estropaden XXXIX. Ikurriña e o da XXXIV Bandeira Petronor

Voltar