Novas 2015

ESPECIAL

17 Xul 2015

A Liga San Miguel segue o seu camiño

A Liga San Miguel segue o seu camiño

Orio e Portugalete porán a proba a progresión dos equipos

Unha vez desputadas a III Bandeira “la Caixa” en Pasaia e a IV Bandeira Eusko Label en San Sebastián, as 16 traíñas da Liga San Miguel e a Liga Euskotren volverán pór a proba as tripulacións dos equipos. Este fin de semana a competición masculina desputará a XXV. Orioko Estropadak o sábado a partir das 17:30 horas na localidade guipuscoana de Orio e a VII Bandeira Ambilamp o domingo ás 12:00 horas en augas de Portugalete. No caso da Liga Euskotren, o sábado porase en xogo a III. Orioko Kanpina Bandera e no domingo a IV Bandeira Euskotren.

Despois da igualdade vivida na baía da Concha, a Liga San Miguel chega coa apaixonante. NT2 Hondarribia chega como líder da competición con 57 puntos, 8 por riba do seu perseguidor, Urdaibai Avia, e 14 por riba de Orio Babyauto. Na clasificación do trofeo “la Caixa” ao Mellor Patrón San Juan Iberdrola está en primeira posición con 7 puntos, igualado con Irakoitz Etxeberreria, patrón de Orio Babyauto.

O sábado desputarase a XXV. Orioko Estropadak en formato de contra o reloxo, correspondente á sexta xornada da Liga San Miguel. A tempada pasada Urdaibai Avia conseguiu facerse coa vitoria con un tempo de 17'37”94 nun trepidante final de regata, con unha vantaxe de só 96 centésimas sobre o tempo marcado pola traíña local, Orio Babyauto. O percorrido deste ano terá 3 millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas, e as balizas de saída/chegada estarán situadas frente a praza da vila. A regata desputarase en tres quendas que dependerán da clasificación xeral da Liga San Miguel, coas traíñas que compoñen a quenda saíndo minuto a minuto. Polo tanto, na primeira quenda remarán Samertolameu Rodman Group, Portugalete Eulen, Zierbena Bahías de Bizkaia e Astillero. Na segunda estarán San Pedro Ecolmare, Kaiku Producha, San Juan Iberdrola e Cabo. Por último, na quenda de honra competirán Tirán Pereira, Orio Babyauto, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia.

Previa á desputa da regata da Liga San Miguel porase en xogo a III. Orioko Kanpina Bandera, correspondente á terceira xornada da Liga Euskotren, onde as catro clasificadas deste ano loitarán, tamén, en formato contra o reloxo. Os catro equipos da Liga completarán un percorrido dunha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga. A orde de saída desta proba contra o crono será en orde inversa á clasificación xeral da Liga Euskotren tras desputárense as primeiras dúas xornadas, polo que Hibaika Jamones Ancín será a primeira en saír, seguida por Orio Babyauto, San Juan Iberdrola e Zumaia Salegi Jatetxea.

Xa o domingo, desputarase a VII Bandeira Ambilamp na ría Nervión, correspondente á sétima xornada da competición. As 12 traíñas deberán enfrontar un campo de regatas de tres millas náuticas con tres ceavogas e catro longos que transcorreran por debaixo da Ponte Colgante. Nas catro anteriores edicións desta bandeira que se disputou na Liga San Miguel, houbo catro vencedores distintos: Astillero (2010), NT2 Hondarribia (2011), Kaiku Producha (2012) e Tirán Pereira (2013), sendo o mellor tempo o dos cántabros, con 19'04”13. Esta regata non se caracteriza por ter unha grande diferenza entre o gañador e o segundo clasificado. Vendo os tempos de edicións anteriores, só a de 2012 ten unha diferenza maior aos 10 segundos entre o primeiro clasificado, Kaiku Producha, e o segundo clasificado, NT2 Hondarribia (+13”62).

A Liga Euskotren desputará tamén o domingo a partir das 12:00 horas a súa cuarta xornada da tempada, na que se porá en xogo a IV Bandeira Euskotren, onde por primeira vez esta tempada as catro aspirantes ao título competirán na liña pola bandeira. As catro tripulacións completarán un campo de regatas dunha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga.

Voltar