Novas 2023

ASOCIACION

26 Xan 2023

A ACT comeza unha nova tempada

A ACT comeza unha nova tempada

Os clubs da Asociación reuniranse o sábado en Galdakao

A ACT prepárase para unha nova tempada da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren, e farao dando a benvida ao 2023 coa primeira asemblea do ano, que decorrerá nunha sesión dobre na Bodega de Txakoli Galanta, patrocinador de Kaiku AKE, e que con motivo do centenario que este club está a celebrar este ano, decidiu acoller e facer de anfitrión nesta xornada asemblearia, en deferencia cara a ACT e os seus socios.
 
O encontro servirá para concluir e aprobar o exercicio anterior, tanto no apartado económico como no deportivo coa entrada como socio de Samertolameu que apañará o relevo de CR Ares. Entre os principais puntos a tratar tamén se inclúe a elección do Presidente e a súa Xunta Directiva para a próxima lexislatura de dous anos á frente da ACT así como a posíbel renovación de certos órgaos asociativos.

Voltar