Novas

COMPETICION

11 Ago 2021

A dobre xornada de Zarautz dará o colofón final á Liga Euskotren

A dobre xornada de Zarautz dará o colofón final á Liga Euskotren

A dobre xornada da Zarauzko XLIV. e XIII. Ikurriña desputarase esta fin de semana tanto para a Liga Eusko Label, como para a Liga Euskotren 

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren continúan co seu rumbo estabelecido, e chegarán a Zarautz con diferentes obxectivos. Mentres que a Liga Eusko Label continuará co seu calendario, a Liga Euskotren porá a guinda a esta espectacular tempada.

Esta mañá presentáronse en Zarautz as dúas Ikurriñas que estarán en xogo esta fin de semana, onde participaron Xabier Txurruka, Alcalde de Zarautz, Ixidor Larrañaga Concelleiro de Turismo, Leire Arana, Concelleira de deportes, Gaizka Garmendia de Zarauzko Arraun Elkartea e Jon Artola, membro da Xunta Directiva da ACT.

“É unha data marcada en vermello polos afeccionados e afeccionadas ao remo de Zarautz. Hai moito en xogo no campo de regatas, e para o Concello o máis importante é que está en xogo a XLIV. Ikurriña para a Liga Eusko Label e a XIII. Ikurriña na Liga Euskotren”, sinala Txurruka.
 
“Para Zarautz é unha regata moi importante e ademais servirá para sacármonos a espiña do ano pasado. Estamos afeitos a desputala na ARC, e o ano pasado puidemos participar na ACT mais sen os afeccionados. Este ano as cousas non nos están a saír ben, e agardamos que esta fin de semana os nosos afeccionados empuxen por nós”, admite Garmendia.
 
Por último, Artola admite que a regata de Zarautz supón unha “satisfacción” para a ACT. “O seu prestixio fai que sexa unha das Ikurriñas máis importantes do calendario, ademais de que supón o final da Liga Euskotren, que este ano está máis emocionante que nunca”. Tamén quixo agradecer o esforzo do Concello en seguir a manter a súa regata, que este ano será a edición XLIV.

A xornada do sábado comezará ás 17:40 horas coa primeira xornada da Zarauzko XIII. Ikurriña da Liga Eusko Label, onde Donostia Arraun Lagunak e Orio Orialki están a desputaren a vitoria da Liga.

Así que remate a quenda feminina, será a vez da décimo terceira xornada da Liga Eusko Label. As doce tripulacións dividiranse en tres quendas de catro traiñeiras cada unha segundo a clasificación xeral. Así, na primeira quenda vogarán a traiñeira local Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, Lekittarra Elecnor e CR Ares. Na segunda quenda competirán CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai Avia e Orio Orialki, mentres na quenda de honra vogarán Donostiarra Amenabar, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e Santurtzi Transportes y Gruas Aguado.

No referido á xornada do domingo, comezará ás 11:30 horas coa derradeira xornada da Liga Euskotren. Nela, coñecerase o gañador final da competición, que é cousa de Donostia Arraun Lagunak ou Orio Orialki. As donostiarras teñen dous puntos de vantaxe máis o average en caso de empate a falta das dúas xornadas de Zarautz. En canto á xornada da Liga Eusko Label, non se verá afectada polo inicio, e comezará no seu habitual horario das 12:13 horas e coas quendas segundo a clasificación do día anterior.

Aforo limitado
Da organización solicítase que na medida do posíbel non se vaia presenciar as regatas en directo. Na zona do paseo estabelecerase un aforo limitado de 300 espectadores, polo que se lle pide ao público que siga a regata polas diferentes plataformas de EiTB (Televisión, web e radios), así como polas APP ou as Redes Sociais da competición.
 

Voltar