Novas 2022

COMPETICION

03 Xul 2022

Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 coróase na casa

Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 coróase na casa Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 coróase na casa

Ademais da vitoria, consegue o liderado da Liga Eusko Label, igual que Orio Orialki na Liga Euskotren 

Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 coróase na casa conquistando a XIV Bandeira Fabrika, e pasa a liderar a Liga Eusko Label con 23 puntos. Os donostiarras mantiveron un duelo moi igualado con Matrix Hondarribia até as últimas padas, e a traiñeira local foi a que entrou primeira na meta. Con este resultado, a Ama Guadalupekoa é 3ª na clasificación xeral con 21 puntos, os mesmos que Orio Orialki quen na xornada deste domingo foi cuarta. No podio colouse Bermeo Urdaibai dende a segunda quenda, que mantivo unha pelexa co recén ascendido Getaria. 

Na clasificación do Mellor Patrón Caixabank, Ander Etxegoien (Orio Orialki) mantén o maillote de mellor patrón con 22 puntos polos 21 de Félix Duarte (Cabo), que na XIV Bandeira Fabrika sumou os 12 puntos. 

Vitoria e liderado para Orio Orialki
No referido á Liga Euskotren, Orio Orialki suma a súa primeira bandeira da tempada tras superaren a Arraun Lagunak por 4 segundos na VI Bandeira Fabrika celebrada en Donostia. Por detrás, Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 e Tolosaldea chegaban á meta con 30" e 31" perdidos, respectivamente. Con esta vitoria, as patroneadas por Nadeth Agirre colócase no máis alto da Liga Euskotren con 7 puntos, empatadas con Arraun Lagunak. Ao conseguiren ambas traiñeiras cadansúa vitoria, contabilízase o último resultado, que neste caso é para Orio Orialki. Pola súa banda, Nadeth Agirre volta ser a mellor patroa da xornada e aumenta a súa renda na clasificación xeral de Clasificación de Mellor Patroa EITB 2022 acandando os 8 puntos.

Voltar