Novas 2021

COMPETICION

27 Ago 2021

Ares e Moaña pecharán o segundo mes de competición

Ares e Moaña pecharán o segundo mes de competición

Despois das dúas xornadas desta fin de semana, a Liga Eusko Label ficará coas 8 mellores traiñeiras de cara a derradeira fin de semana

Durante a fin de semana, os ollos dos afeccionados e afeccionadas da Liga Eusko Label estarán postos en Ares e Moaña. Nas localidades de Ferrolterra e do Morrazo desputaranse as dúas xornadas da Liga Eusko Label, nas que a clasificación está que arde, tanto polo liderado, como para entraren na quenda de honra. As doce mellores traiñeiras do cantábrico e do atlántico mediranse por última vez esta fin de semana, xa que nas dúas últimas xornadas da Liga Eusko Label apenas participarán os oito primeiros clasificados. 

A fin de semana comezará o sábado 28 de agosto ás 18:13 horas coa desputa da XIV. Bandeira Concello de Ares. Será a terceira edición na máxima categoría do remo de banco fixo para a Bandeira, cuxo récord de campo é de Hondarribia, grazas ao seu tempo da tempada pasada (19´34”94). A outra vitoria neste campo foi para Zierbena na tempada 2017.
No sábado, os últimos catro equipos da clasificación da Coroa CaixaBank comezarán a vogar na primeira quenda: Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, Lekittarra Elecnor e CR de Ares. A continuación será a vez das catro seguintes traiñeiras como CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai AVIA e Orio Orialki, mentres que pecharán a xornada as catro mellores traiñeiras da Liga Eusko Label, Zierbena Bahías de Bizkaia, Donostiarra Amenabar, GO fit Hondarribia e Santurtzi T. y G. Aguado. 

O domingo en Moaña, desputarase a XXXIX Bandeira Concello de Moaña que volta á Liga Eusko Label despois de dous anos de ausencia. Nas cinco tempadas que estivo presente na máxima categoría, Hondarribia e Urdaibai repártense cadansúas dúas vitorias (2014 e 2017 para a Ama Guadalupekoa e 2016 e 2018 para a Bou Bizkaia), mentres que Orio erguía os remos no ano 2015. Porén, o campo de regatas conta co mellor tempo fóra da Liga Eusko Label, cando Mecos detivo o cronómetro en 18´54”76 no 2001. As quendas do domingo serán en base á clasificación xeral despois da desputa da XIV. Bandeira Concello de Ares.

Voltar