Novas 2022

COMPETICION

27 Ago 2022

Bermeo Urdaibai vence en Ares

Bermeo Urdaibai vence en Ares Bermeo Urdaibai vence en Ares

A Bou Bizkaia gaña a XV Bandeira Concello de Ares e aumenta a renda con Hondarribia até os 4 puntos na Liga Eusko Label

Bermeo Urdaibai sumou a súa sexta vitoria da tempada tras ser a máis rápida na XV Bandeira Concello de Ares por diante de Matrix Hondarribia. A Bou Bizkaia, patroneada por Gorka Aranberri, dominou a quenda de honra dende os primeiros metros con unha Ama Guadalupekoa que non lle deu seguido o ritmo. Ao final, os verdes cruzaron a meta con 8 segundos perdidos frente os biscaínos. Por detrás, Itsasoko Ama – Sotera deron un paso grande na súa loita por eludiren o posto de descenso, e ten unha vantaxe de nove puntos frente a Lekittarra Elecnor, que terá que defender a súa posición ante os aspirantes ao ascenso. Pola súa banda, a traiñeira local, a Santa Olalla certificou o seu descenso, xa que lle é imposíbel eludir o último posto da clasificación xeral.

Voltar