ACT TV 2021

ENTREVISTAS

23 Xu˜ 2021

Concurso BM: Orio Orialki

Concurso BM: Orio Orialki

Andoni Campos e Josu Ostolaza demostran as súas habilidades a debuxaren

Os remeiros de Orio Orialki, da Liga Eusko Label, son os terceiros participantes do concurso BM onde os equipos tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren se enfrentan entre si. 

Neste terceiro capítulo, Andoni Campos e Josu Ostolaza tratarán de superar os tres acertos obtidos pola parella de Hondarribia Bertako Igogailuak para se ergueren na primeira posición do Concurso BM. 

Josu Ostolaza tratará de debuxar aqueles produtos dos supermercados BM que representan os dez cartóns do concurso, baixo a presión do reloxo que irá descendendo dende os sesenta segundos. Mentres, Andoni Campos terá que adiviñar os debuxos do seu compañeiro.

Superarán os tres acertos das hondarribitiarras Ane e Miren? Ou, pola súa banda, ficarán sen opcións para obteren o premio final de Supermercados BM?

Mete “play”, e goza do CONCURSO BM!
 

Voltar