ACT TV

ENTREVISTAS

17 Xu˜ 2021

"Estamos con vontade de mellorarmos o noveno lugar do ano pasado"

"Estamos con vontade de mellorarmos o noveno lugar do ano pasado"

Iñaki Errasti, adestrador de Ondarroa Cikautxo amósase esperanzado para a nova tempada, onde tentará vogar na segunda quenda, tratando de mellorar o noveno posto da tempada pasada.

Iñaki Errasti seguirá ao mando da traiñeira de Ondarroa Cikautxo máis unha tempada. Esta pretempada, está contento por como foi a pretempada. “A comparar co ano pasado, puidemos adestrar con normalidade, aínda que tivemos un confinto. Ademais, puidemos realizar algún descenso”, sinala o técnico.

No referido ao equipo, “estou á vontade co equipo. Penso que demos un bo nivel no inverno, e estamos á espera de darmos un bo nivel no verán”, advirte Errasti.

Falando dos obxectivos, é moi claro, querendo superar o resultado da pasada campaña. “Estamos con vontade de mellorarmos o noveno lugar do ano pasado. Iso significa estarmos na segunda quenda, sabendo que será moi difícil”, asegura o técnico guipuscoano.

Na loita por eses obxectivos, é consciente de que non será unha tarefa doada, dado que hai “moitos, e bos rivais”. Sabe que haberá “seis embarcacións feitas para estaren arriba e despois haberá que ver como están as demais”, afirma Errasti, sabendo que conta coa incógnita dos galegos, con quen “non temos cadrado, pero sei que van dar o nivel e porannos as cousas difíciles”.

Voltar