Novas 2020

ESPECIAL

14 Set 2020

Mudanzas de adestrador nos clubs da Liga Eusko Label

Mudanzas de adestrador nos clubs da Liga Eusko Label

CR Ares e Kaiku Vusa comezaron a perfilar os seus planteis de cara a vindeira tempada

A tempada de remo xa rematou para algúns equipos e lonxe de tomaren unhas vacacións, xa hai quen comeza a preparar as bases do plantel para o vindeiro verán. Un dos que se puxo mans á obra é CR Ares, que logo de conseguir a permanencia na Liga Eusko Label nas dúas últimas xornadas da competición, comezou a perfilar xa a nova tempada.

Alberto Hermo ‘Eclise’ non seguirá á frente da traiñeira de Ares e deste xeito, dille adeus á entidade ártabra logo de dúas tempadas nas que logrou o ascenso á Liga Eusko Label e a permanencia na mesma.

Outro dos equipos que comezou a mover pezas de cara á tempada 2021 é Kaiku Vusa. Despois dunha tempada moi complicada no deportivo e tras teren perdido o seu posto na máxima categoría do remo, o equipo de Sestao terá que reestructurar o seu plantel para trataren de voltar o antes posíbel á elite do remo.

Peio de Vega, que chegou para tentar mellorar o rendemento da traiñeira de cara ás últimas catro regatas, non seguirá no club sestaoarra na súa nova andaina na ARC.

Voltar