Novas 2022

COMPETICION

20 Xul 2022

O sábado desputarase a XXI Bandeira Concello de Sestao

O sábado desputarase a XXI Bandeira Concello de Sestao

Será a sétima xornada puntuábel da Liga Eusko Label

A Liga Eusko Label de Remo recalará este sábado en Sestao onde se vai desputar a XXI Bandeira Concello de Sestao, sétima proba da tempada puntuábel para a clasificación xeral.

A regata celebrarase en augas da Ría, á altura de Portugalete, onde as doce embarcacións participantes terán que completar un percorrido de 5.556 metros. 

A xornada comezará ás 18.13 horas e desenvolverase en tres quendas de catro tripulacións. Na primeira quenda vogarán CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, CR Ares e Itsasoko Ama. Na segunda quenda remarán Lekittarra Elecnor, Zierbena Bahías de Bizkaia, Kaiku Berez Galanta e Getaria Arraun Elkartea, mentres que na terceira quenda participarán Bermeo Urdaibai, Orio Orialki, Matrix Hondarribia e Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100.

Voltar