ACT TV 2022

02 Xul 2022

Orio Orialki amosa as súas armas na XIII. Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao

Orio Orialki amosa as súas armas na XIII. Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao Orio Orialki amosa as súas armas na XIII. Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao

A San Nikolas imponse a Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 e a Matrix Hondarribia no triplete guipuscoano en augas de Bilbao
 

Orio Orialki levou a primeira bandeira da tempada ao conquistaren a XIII. Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao por diante de Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100 e de Matrix Hondarribia. Os de Jon Iriondo mantiveron unha igualdade moi parella cos capitalinos até que a Torrekua II prendeu na 2ª ceavoga. Nese momento, a embarcación oriotarra meteu máis unha marcha para liderar a contra o reloxo até as padas finais. Daquela, Orio Orialki conseguiu esta primeira xornada da Liga Eusko Label con tres segundos sobre Amenabar Donostiarra e sete sobre a Ama Guadalupekoa. Completará a quenda de honra de mañá en Donostia Zierbena Bahías de Bizkaia tras acabar cuarto na xornada de hoxe a 8 segundos da San Nikolas. A segunda quenda estará formada por Bermeo Urdaibai, a Sotera de Santurtzi, Getaria e Cabo da Cruz. Inaugurarán a XIV Bandeira Fabrika Kaiku Berez Galanta, Ondarroa Cikautxo, Ares e Lekittarra Elecnor. 

Ao igual que a súa embarcación, Ander Etxegoien foi o mellor patrón da XIII. Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao e colócase no máis alto da táboa de Mellor Patrón Caixabank 2022 con 12 puntos frente os 11 de Aitor Lazcano (Zierbena Bahías de Bizkaia) e os 10 de Unax Eizagirre (Getaria). 

Arraun Lagunak, actual campioa da Liga Eusko Tren, conquista a IV. Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao despois de dominar os dous longos da ría de Bilbao. As patroneadas por Andrea Astudillo foron as mellores na primeira regata desta tempada con 5 segundos sobre Orio Orialki, 11" sobre Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 e 20" sobre Tolosaldea. Pola súa banda, Nadeth Agirre, con catro puntos, convértese na mellor patroa EITB da primeira xornada e pasa a liderar unha xeral que xa gañou o ano pasado.

Voltar