ACT TV 2020

ENTREVISTAS

01 Xul 2020

Potencia e resistencia

Potencia e resistencia

Santurtzi Transportes y Grúas Aguado afronta unha nova tempada na Liga Eusko Label coa difícil tarefa de mellorar o resultado da tempada pasada

Santurtzi Transportes y Grúas Aguado completou no 2019 unha tempada moi boa na que sumaron tres vitorias e lograron o terceiro posto na clasificación xeral final da Eusko Label Liga. Iker Zabala, técnico da ‘Sotera’, ten claro que o ano pasado puxeron o listón moi alto e que este ano será “difícil melloralo”, aínda que ten equipo para o conseguir.

O plantel violeta sufriu cinco “baixas importantes”, mais supliunas con xente “con certo curriculum e veteranía”, o que deixa “un equipo como para plantar cara a calquera”, en palabras de Zabala. O bermeotarra define este plantel de 2020 como un equipo “con potencia e resistencia”.

Voltar