ACT TV 2021

ENTREVISTAS

01 Xul 2021

?Somos un equipo valente e daremos a cara en todas as regatas?

?Somos un equipo valente e daremos a cara en todas as regatas?

Iker Zabala, adestrador de Santurtzi Transportes y Gruas Aguado ve o equipo en boa forma de cara o comezo da Liga Eusko Label, onde prevén revalidar a Coroa CaixaBank obtida na tempada anterior.  

Iker Zabala está satisfeito coa pretempada realizada, onde o equipo “cumpriu con todas as etapas como é debido”. Grazas a isto, ve o equipo que chega nunha boa forma ao comezo da tempada, “estivemos adestrando moi ben. Aos remeiros véxoos cunha confianza de seren capaces de levar a traiñeira a unha boa velocidade”, sinala Zabala.

 

O adestrador ten claro que os seus obxectivos son “igual que o ano pasado. Somos os vixentes campións da Coroa CaixaBank e cómpre renovar, e poremos toda a carne no asador. Sabemos que non será sinxelo, mais nós somos un equipo valente e daremos a cara en todas as regatas”, asegura o técnico do equipo que é o vixente campión.

 

De cara o comezo da Liga Eusko Label, non é quen de asegurar nada, e é que o non saber ben o nivel dos rivais, xéralle dúbidas. Malia esas incertezas, asegura que na pelexa polo título van estar “Hondarribia, Orio, Urdaibai, Zierbena… Rivais non van faltar. O que nós temos que facer é dar o noso 100% en cada regata, e aí non vai haber ningún fallo”, comenta Zabala. 

Voltar