Novas 2015

ASOCIACION

14 Xu˜ 2015

Portugalete reúne a ACT

Portugalete reúne a ACT

Os socios da ACT tiveron esta mañá un encontro na vila portugaluxa para unha nova Asemblea

Esta mañá celebrouse no Hotel Puente Colgante de Portugalete a cuarta sesión ordinaria do ano da ACT. Nesta Asemblea, en primeiro termo, ratificáronse actas da última Asemblea celebra en Hondarribia. Despois disto, procedeuse a informar os socios dos diferentes aspectos económicos, administrativos e de xestión do segundo semestre.

Para pechar, procedeuse aos rogos e preguntas. Unha vez finalizada a Asemblea, os representantes dos clubs socios, así como a Xunta da ACT, comeron xuntos e aproveitaron para desexárense a mellor das sortes nesta nova edición da Liga San Miguel 2015 que comezará en Málaga o vindeiro 28 de xuño. 

Voltar