Novas 2016

ASOCIACION

30 Xan 2016

Pedro Andueza, reelixido presidente da ACT

Pedro Andueza, reelixido presidente da ACT

A Asemblea amosa o seu total apoio cara Andueza e a súa Xunta Directiva, quen se encargarán de dirixir a Asociación os vindeiros dous anos

Comeza o ano para a ACT e, como vén sendo habitual, faino na súa sede de Oiartzun onde se procedeu á primeira Asemblea do ano. Nesta, entre os puntos máis salientábeis, estiveron a entrada como socio de Zumaia, que sustitúe a Samertolameu Rodman Group, ou a reelección como presidente de Pedro Andueza que, canda á súa Xunta Directiva, estará ao frente da Asociación os vindeiros dous anos.

No primeiro punto da orde do día, procedeuse á lectura e aprobación da acta da última Asemblea celebrada o pasado mes de novembro en Pasaia. No apartado de presentación das contas de 2015, someteuse a exame aprobándose o peche económico en 800.000 euros. Ademais da aprobación da xestión da Xunta Directiva na campaña 2015, xunto ao pertinente balance desta por parte de Pedro Andueza, ratificouse a entrada como novo socio da Asociación de Clubs de Traíñas a Zumaia, coa conseguinte perda da condición de asociado de Samertolameu Rodman Group.

Por outra banda, tras someterse a votación e obter o apoio de todos os asociados, Pedro Andueza continuará presidindo a ACT e  terá canda el unha Xunta Directiva composta por María Isabel Diago, nas funcións de tesoureira; Mario Vidal, secretario; e Jose Manuel Ortiz, como vocal. Ademais, outro dos puntos tratados foi a ratificación dos órgaos que compoñen a Asociación, como é o caso do Xuíz Árbitro da ACT, Andreu Camps; a Xuíza de Disciplina, Esther Queraltó; o responsábel do Órgao Antidopaxe, Juanjo Baidola; o Xuíz de Competición, Joseba Fernández; ou o Comité Técnico, formado por Eugenio Fernández e Ainhoa Iñiguez.

Unha vez concluída a Asemblea, todos os socios foron xantar na Sidrería Bereziartua, dando así comezo a este ano 2016. 

Voltar