ACT TV 2020

ENTREVISTAS

20 Set 2020

Zarautz Babyauto e Tirán Pereira vencen no playoff

Zarautz Babyauto e Tirán Pereira vencen no playoff Zarautz Babyauto e Tirán Pereira vencen no playoff

Hondarribia Bertako Igogailuak mantén a súa condición de equipo da Liga Euskotren nas regatas de promoción

Zarautz Babyauto defendeu a súa condición de equipo da máxima categoría no playoff da Liga Eusko Label e seguirá a competir na elite do remo no vindeiro ano. Canda eles, un histórico da competición como Tirán Pereira tamén gañaron a súa posición na Liga Eusko Label.

Zarautz Babyauto marcou o mellor tempo de hoxe na ría cun crono de 19’52”66, seguido por Sanpedrotarra AE a 2”62. O terceiro mellor tempo foi para SDR Pedreña Grupo Dynasol cunha marca de 19’56”16 e SD Tirán Pereira foi cuarto con 19’56”72. Samertolameu Oversea pechou a clasificación cun crono de 20’02”28.

Polo tanto Zarautz Babyauto e SD Tirán Pereira vencen neste playoff con 9 e 7 puntos respectivamente. SDR Pedreña Grupo Dynasol e Sanpedrotarra AE, con 5 puntos, ocupan a terceira e cuarta posición e Samertolameu Oversea colócase na quinta posición con 4 puntos.

Hondarribia Bertako Igogailuak defende a súa praza na Liga Euskotren

A ‘Ama Guadalupekoa’ de Hondarribia Bertako Igogailuak conseguiu manter o seu posto na Liga Euskotren no playoff de ascenso/descenso, e repetirá a vindeira tempada canda a Orio Arraunketa Elkartea, Donostiarra Lacturale e Donostia Arraun Lagunak nunha nova edición da Liga Euskotren.

Hibaika Jamones Ancín foi hoxe a traiñeira máis rápida en Portugalete cun crono de 10’30”04. O segundo posto foi para Hondarribia Bertako Igogailuak cun crono de 10’31”86. A terceira praza conseguiuna Tolosaldea Arraun Kluba cun tempo de 10’47”20 (sanción de 10” por non agarrar a estacha á saída) e Cabo pechou a clasificación con 11’04”80 (sanción de 10” por non agarrar a estacha á saída).
Na suma das dúas xornadas, Hondarribia Bertako Igogailuak venceu o playoff da Liga Euskotren con 7 puntos. Hibaika Jamones Ancín, coa vitoria de hoxe, subiu á segunda posición con 5 puntos. Tolosaldea conquistou a terceira posición con 5 puntos tamén mais con peor suma de tempos que as de Rentería. A cuarta praza foi para Cabo con 2 puntos.

Voltar