ACT TV 2021

ENTREVISTAS

14 Xu˜ 2021

"Temos que conseguir dar o noso 100%"

"Temos que conseguir dar o noso 100%"

Asier Puertas, adestrador do Zarautz Gesalaga-Okelan, está entusiasmado para a súa primeira tempada e aínda que o inverno foilles longo, amósase entusiasmado e satisfeito co traballo realizado polo equipo.

Asier Puertas está a piques de comezar a súa primeira tempada como adestrador da Enbata de Zarautz. Está satisfeito co traballo realizado até o de agora polo seu equipo, aínda que é consciente de que o inverno non transcorreu tal e como lles tivese gustado. "A verdade é que os adestramentos e o equipo traballou ben, pero o inverno foi duro. Coa historia de Oinatz e coa Covid, que tivemos un par de confintos. Nese sentido foi duro", confesa o oriotarra.        

A falta de poucas semanas para o comezo da tempada, ve o equipo con vontade de competir. "Fixemos moitos adestramentos e non competimos moito, así que estamos con vontade de sacar fóra o traballo realizado nos adestramentos", sinalou Puertas.         

A respecto dos obxectivos, fala claro e considera que o obxectivo é "dar o noso mellor nivel e andar o máis rápido posíbel. Non está nas nosas mans cómo andarán os demais, pero sí dar o noso 100%", asegurou o adestrador da traiñeira Enbata.           

Ao lle preguntarmos polo resto de rivais, di que ter pouca referencia pode condicionar, aínda que recoñece que "nos descensos de inverno estiveron moi ben e sabemos que van andar rápidos”.

Voltar