Novas 2021

COMPETICION

23 Xul 2021

A Bandeira CaixaBank volta a Castro-Urdiales

A Bandeira CaixaBank volta a Castro-Urdiales A Bandeira CaixaBank volta a Castro-Urdiales

Logo da edición da pasada tempada en San Sebastián, Cantabria volta gozar da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren.

Logo da desputa da quinta e sexta xornadas da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren, que chegou ao seu ecuador, as competicións non paran, e esta fin de semana será a vez de competir nas augas de Castro-Urdiales e Lekeitio. 

En Castro-Urdiales desputarase a IX. e VI. Bandeira CaixaBank, que volta á localidade cántabra despois de se ter desputado en augas de Donostia na pasada edición. Zierbena foi a última en vencer en augas de Castro na tempada 2019 grazas a un tempo de 21´04”48, mentres que Urdaibai precisou case un minuto menos un ano antes para levar a Bandeira (20´16”56). 

No referido ao campo de regatas, trátase dun campo histórico, do agrado dos afeccionados e afeccionadas que se desprazan para o ver ao vivo. O récord deste campo continua a ser o da traiñeira local Naturhouse Castro da temporada 2010, cando parou o cronómetro en 19´27”84. 

No referido á VI. Bandeira CaixaBank, é unha bandeira que se lle deu ben a Orio Orialki, quen levou as dúas últimas edicións, a de Donostia (11´34”12) e Castro (11´35”06). Aínda así, o seu tempo non foi abondo para melloraren o mellor tempo do campo de regatas que ostenta San Juan Iberdrola dende a tempada 2018, cando conseguiu un tempo de 11´06”02. 

A partir das 17:40 horas, Arraun Lagunak tratará de rachar a boa dinámica que leva Orio Orialki con esta regata, e así manter o liderado, ao estar igualados na clasificación xeral con 19 puntos. En caso de vitoria de algún destes dous equipos, ademais de levaren a VI. Bandeira CaixaBank, tamén portarán o maillote coa estrela de CaixaBank que distingue o líder da clasificación da Liga Euskotren, no día seguinte en Lekeitio. 

Pola súa banda, a regata masculina, IX. Bandeira CaixaBank comezará ao remate da Bandeira feminina. Nela, as quendas están divididas segundo a clasificación xeral, polo que na primeira quenda vogarán Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, CR Ares e Lekittarra Elecnor. Na segunda quenda vogarán CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai Avia e Donostiarra Amenabar. Por último, na quenda de honra estarán as catro primeiras tripulacións da clasificación xeral, Orio Orialki, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e o líder Santurtzi Transportes y Gruas Aguado. 

Lekeitio, penúltima xornada de xullo
A xornada do domingo desputarase en augas de Lekeitio coa desputa da XXXVI El Correo Ikurriña-Kutxabank SN-Lekeitioko Udala e a X.  Bandeira Euskotren.

A xornada da Liga Euskotren comezará ás 11:40 horas. Orio Orialki e Donostia Arraun Lagunak contan con cadansúa vitoria neste campo de regatas dentro da Liga Euskotren. 

Pola súa banda, a regata masculina comezará ás 12:13 horas coa primeira quenda coas tripulacións que tivesen os piores tempos na xornada anterior en Castro-Urdiales. O campo de regatas de Lekeitio é moi habitual e na Liga Eusko Label conseguiron vitorias GO fit Hondarribia y Santurtzi, e a Sotera conta co mellor tempo, de 19’39”64 na tempada 2019.
 

Voltar