Novas 2021

COMPETICION

06 Ago 2021

As traiñeiras vogarán na ría de Arousa

As traiñeiras vogarán na ría de Arousa

As dúas xornadas da fin de semana desputaranse en Rianxo e Boiro, coa Bandeira Barbanza Arousa e a XXXI. Bandeira Concello de Boiro

Durante a fin de semana, os ollos dos afeccionados e afeccionadas da Liga Eusko Label estarán a ollar cara Rianxo e Boiro. A ría de maior extensión de Galiza albergará as xornadas 11 e 12 da máxima competición do remo fixo do cantábrico e atlántico.

A xornada do sábado servirá como estrea dun novo campo de regatas en Rianxo. Non será o mesmo que adoita acoller a Liga Galega, polo que os equipos estarán expectantes por coñecéreno. 

A xornada comezará ás 18:13 horas coas catro traiñeiras da primeira quenda, onde vogarán Zarautz Gesalaga-Okelan, SD Tirán Pereira, Lekittarra Elecnor e CR de Ares. A continuación será a vez das catro seguintes traiñeras, que son CR Cabo da Cruz, Ondarroa Cikautxo, Bermeo Urdaibai AVIA e Donostiarra Amenabar, e finalmente será a quenda das mellores traiñeiras da Liga Eusko Label: Orio Orialki, Zierbena Bahías de Bizkaia, GO fit Hondarribia e Santurtzi T. y G. Aguado. 

O domingo, en Boiro, xa é un campo de regatas moi coñecido na Liga Eusko Label. A tempada pasada, o líder, Santurtzi T. y G. Aguado non deu opción a ningunha sorpresa, e fíxose coa XXX. Bandeira Concello de Boiro cun tempo de 19´44”85, moi lonxe do récord que ostenta Bermeo Urdaibai AVIA dende o ano 2017 (19´03”96).  As quendas da xornada de Boiro serán en base á clasificación da xornada do sábado.

Lekittarra estará presente
Na Bandeira Concello de Boiro desta tempada quen xa poderá estar vogando será Lekittarra Elecnor, logo do seu confinto da pasada semana en augas de Bilbao e Santurtzi. Isuntza, quen na tempada pasada non puido participar na Bandeira de Boiro si que poderá estar esta tempada ao ter o visto bo do Xuíz de Competición logo dos casos COVID-19 que houvo no seu contorno.
 

Voltar