Novas 2021

COMPETICION

29 Ago 2021

Santurtzi T. Y G. Aguado redondea a fin de semana gañando a XXXIX Bandeira Concello de Moaña

Santurtzi T. Y G. Aguado redondea a fin de semana gañando a XXXIX Bandeira Concello de Moaña

Ademais da vitoria, a Sotera aumenta a vantaxe na loita pola Coroa CaixaBank, e son seis puntos de marxe os que ten sobre Hondarribia a falta de dúas xornadas

Santurtzi Transportes y Grúas Aguado volta vencer en augas galegas, e avantaxa en seis puntos a Go Fit Hondarribia logo de gañar a XXXIX Bandeira Concello de Moaña. Orio Orialki estivo perto de se clasificar antes que a Ama Guadalupekoa, pero nos últimos metros os patroneados por Joseba Amunarriz puideron recuperar un punto superando os aguiluchos. Así as cousas, a diferenza entre a Sotera e a Ama Guadalupekoa é de 6 puntos a falta das dúas últimas xornadas no mes de setembro.

Pola súa banda, Orio Orialki conseguiu colarse na quenda de honra tras o terceiro posto de hoxe e pechar a fin de semana na cuarta praza con 158 puntos, frente os 162 de Donostiarra Amenabar, que hoxe foi 6ª. Pola contra, Zierbena Bahías de Bizkaia, que hoxe foi 10ª perdeu o seu posto na quenda de honra e remata o domingo na quinta praza con 151 puntos. Así, dentro de tres fins de semana vogará na segunda quenda canda Urdaibai Avia, Ondarro Cikautxo e CR Cabo da Cruz. Na parte baixa da clasificación, Zarautz Gesalaga Okelan perdeu a categoría a pesar do seu oitavo posto en augas de Moaña, mentres que SD Tiran Pereira desputará o playoff. CR Ares e Lekittarra Elecnor remataron hoxe a súa participación nesta Liga EuskoLabel 2021.  

Logo da xornada de hoxe, a clasificación do Mellor Patrón CaixaBank fica sí:  
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 20 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 16 puntos
3.- Oscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 14 puntos

Voltar